INFORME FINAL MIDIMAYA
Xa estamos aquí de novo!!
Hoxe vimos falar do Informe final do noso proxecto, ao que podedes acceder a través deste enlace: MIDIMAYA e os hábitos de vida saudables na PDI. Este consta de seis apartados, que detallaremos a continuación.
En primeiro lugar, recóllese a xustificación da elección do tema e do proxecto, é dicir, os motivos polos cales nos decantamos polos hábitos de vida saudables e a secuencia didáctica para a PDI.
En segundo lugar, recóllese a información do centro no que levaríamos a cabo o proxecto: entorno, tamaño, número de alumnos/as, etc. así como o tipo de alumnado ao que vai dirixida a proposta didáctica, que é concretamente 4º de Primaria (todos os nenos e nenas de 9 e 10 anos). Neste apartado tamén falamos das características psicoevolutivas deste alumnado en xeral (desenvolvemento social e cognitivo).
A continuación, recóllese o contexto curricular, onde plasmamos os dous obxectivos xerais do Artigo 3 da LOMCE (2013) que mellor se adecúan ao proxecto, así como as tres competencias clave máis destacables e a Área na que encadraríamos o proxecto.
No cuarto apartado figuran as tablas coa información de todas as actividades a realizar, ordenadas en base á secuencia didáctica.
En quinto lugar, recóllense unha serie de conclusións sobre o proxecto e as dificultades ocasionadas, é dicir, unha opinión e valoración de todo o proceso.
Para concluír, pódense observar as referencias bibliográficas das diferentes fontes consultadas para a realización do proxecto.

Comentarios
Publicar un comentario