Crossword Puzzle Games - María

Ola Midimayers! Estou de volta para presentarvos diferentes ferramentas, a través das cales podemos crear xogos e actividades multimedia interactivas.

Hoxe en día podemos atopar una gran variedade de páxinas educativas que son de gran utilidade para o alumnado e ademais, a través delas, os nenos e nenas poderán poñer en práctica os seus coñecementos.

A primeira ferramenta chámase "Crossword Puzzle Games". Ferramenta coa que se poden crear crucigramas imprimibles e de diferentes tamaños. Non hai que rexitrarse e é gratuíta. Está en inglés.

Aparecerán diferentes defincións e o xogador ou xogadora terá que adiviñar unha serie de palabras. O crucigrama ten dous bloques: un para as palabras verticais e outro para as palabras horizontais que se cruzan entre si.



Espero que disfrutedes dela e que aprendades moitos conceptos relacionados co tema.

Comentarios

Publicacións populares