SECUENCIA DIDÁCTICA PARA PDI

Moi boas a todos e a todas un día máis!!! 

Como xa saberedes, o noso proxecto consiste na elaboración dunha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Así, o que fixemos foi unha presentación de Google onde incluímos todas as actividades e recursos creados por nós: o póster, a webquest, os tres recursos audiovisuais e as dezaseis actividades multimedia interactivas.

Cabe dicir que a secuencia non está dividida por cursos, senón por temática, de forma que se poden atopar catro bloques temáticos, e, dentro de cada un, as actividades, xerarquizadas de menor a maior nivel de dificultade para os alumnos/as.

A modo de introdución atópase o póster dixital, o cal contén doce recursos xa existentes na rede, que seleccionamos para introducir ao alumnado no tema antes de realizar as actividades. Neste póster pódense atopar dende páxinas web ata vídeos educativos e didácticos e xogos interactivos. Decidimos proseguir co bloque temático da alimentación, onde se poden atopar diversas actividades multimedia interactivas e recursos audiovisuais, así como a nosa webquest todos eles creados por nós. O segundo bloque temático é o do deporte, que tamén inclúe algunhas das nosas actividades e recursos audiovisuais. No bloque da hixiene podemos atopar un cómic creado con Pixton. Finalmente, rematamos a secuencia didáctica cun conxunto de actividades combinadas, é dicir, actividades que mesturan todos os temas anteriores.

Podedes acceder á nosa secuencia didáctica completa pinchando na imaxe ou a través do seguinte enlace: Proxecto hábitos de vida saudables para PDI


Agardamos que vos guste, que vos divirtades, e, sobre todo, que aprendades moito, Midimayers!

Comentarios

Publicacións populares