EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS - MARÍA

Ola a todos e a todas!

Como seguramente xa sabiades, estamos a piques de poñer fin ao noso blog. Pero antes centrémonos en avaliar o noso proxecto, que presentamos o día 7 de maio, e tamén falaremos dalgunhas das exposicións dos nosos compañeiros e compañeiras realizadas este mesmo día.

Comezaremos dicindo que, en xeral, todas as exposicións estiveron ben. Aínda así, cabe destacar algúns erros, como por exemplo o feito de non aproveitar correctamente o tempo, pois algún grupo non chegou nin aos dez minutos de exposición, cando en realidade debería levar sobre cinco minutos a cada compoñente. Tamén destacamos que algún grupo, mentres expoñía, non se estaba dirixindo ao público, pois estaba mirando todo o tempo cara á PDI ou aos compoñentes do seu grupo. Tamén destacamos a importancia da estética nas presentacións, xa que houbo algún grupo que non puxo ninguna imaxe nas diapositivas.

Con respecto á nosa exposición, cremos que foi unha das mellores, xa que tiña una boa estética, pois a presentación contiña pouca letra, ademais de imaxes e algún gif; apenas limos, pois cada integrante do grupo soubo defender e entendía todo o que estaba a dicir; cumprimos co tempo, xa que cada membro do grupo falou sobre cinco minutos; fomos o único grupo que empregou hipervínculos na presentación; e tamén fomos os únicos que interactuamos co público, a pesar de non recibir moitas respostas por parte deste.

En conclusión, a pesar deses pequenos erros que cometemos, todas as exposicións conteron a gran maioría de requisitos que se pedían.





Comentarios

Publicacións populares