Aprendendo coas ferramentas audiovisuais

Ola a tod@s, como xa sabemos na actualidade traballar con ferramentas TIC, cada vez é máis doado, algo que nos permite  con maior facilidade trasladalas ao ámbito da escola. Así, moitas das actividades que o alumnado ten que realizar ou moitas das explicacións que os profesores/as lles dan aos nenos/as, xa integran as ferramentas TIC, de diversas maneiras.

Isto é algo moi importante a día de hoxe, porque a realidade é que estamos a vivir nun mundo meramente tecnolóxico, por iso que se os rapaces/as poden aprender a través das ferramentas tecnolóxicas e ao mesmo tempo aprender a usar as mesmas, é algo que lles servirá nun futuro moi próximo, para desarrollar o seu traballo, os seus estudos ou calquera actividade.

Tendo en conta isto, eu vou presentrarvos unha serie de ferramentas ou programas tecnolóxicos que poden utilizar tanto o profesorado como o alumnado e que ao mesmo tempo permiten facer dunha clase maxistral, ou dunha práctica amplia, unha tarefa sinxela, amena, divertida ao mesmo tempo interesante e educativa.

Por unha banda  vou a destacar  os vídeos tutoriais que moitas veces vemos na rede e que tanto nos axudan tanto á hora de estudar, como de buscar información ou incluso a desempeñar algunha que outra actividade cotiá. Penso que este tipo de recursos, son de gran axuda tanto para o docente, xa que pode axudarse do vídeo para explicar un tema, como para o alumnado que  pode ver o vídeo para repasar o tema, para resolver dudas etc..
Ademais de que nos sexan de gran axuda, a certas idades non estaría mal crear algún destes vídeos, e para iso existen certas aplicacións, que son bastante sinxelas para crealos como por exemplo Movie Maker, que serve para crear vídeos propios, FlashCards, para desarrollar habilidades de memoria ou Photosinth, que serve para explorar e coñecer, actividades, lugares etc. en 3D.

Por outro lado, tamén me gustaría presentarvos, como recurso, os stopmotions, que son unha serie de vídeos que se crean con diversos materiais, como por exemplo figuras de papel, de plastilina, formas estáticas, etc. ,para crear mediante eses materiais, texto ou darlle movemento a esas formas estáticas e así poder explicar ou mostrar a información  que queres transmitir. Para a súa creación existen varias apps, é unha de elas é o programa Atube Catcher.
Ademais, diso decirvos que é un recurso moi entretido e ameno  tanto para crealo como para velo.

Por último e para fomentar un poco máis a lectura, recomendo os Booktrailers, que son unha serie de ausiovisuais que se crean a partir de un libro, dunha novela  ou dun conto , é o seu obxetivo clave é motivar a lectura dese libro. Penso que tamén é facil de crear e ademais dido axuda aos nenos/as a decidirse a leer algún libro.




Comentarios

Publicacións populares