RECURSO DE APOIO Á EXPOSICIÓN

Como estades, Midimayers? 😛

Hoxe traémosvos o recurso de apoio á nosa exposición, é dicir, o soporte visual que empregamos para expoñer ante os nosos compañeiros e compañeiras parte da nosa secuencia didáctica, pois, por cuestións de tempo, non puidemos expoñer todas as actividades e recursos creados, polo que eliximos os máis vistosos.

Trátase dunha presentación de Google, ao igual que a que elaboramos para a secuencia didáctica completa. Consta dun índice, unha introdución, a secuencia didáctica en sí (só coas actividades máis vistosas) e unha breve opinión e valoración final do proceso.

Na introdución plantexámonos que fixemos, como e por que; noutras palabras, dicimos que fixemos unha secuencia didáctica baseada na PDI mediante unha presentación e os motivos polos que nos decantamos por isto. Ademais, tamén figuran a área na que encadraríamos o proxecto, así como os dous obxectivos xerais e as tres competencias clave que mellor se adecúan.
Na quinta diapositiva pódense ver os diferentes bloques temáticos, nos cales puxemos hipervínculos para ir directamente a eles, así como os tipos de recursos e actividades.
Despois diso xa comezan, tras o póster introdutorio, os catro bloques temáticos con algunhas das dúas actividades correspondentes.
Cabe dicir que cada recurso e actividade posúe cadanseu hipervínculo para redireccionarnos así á páxina onde se atopan publicados.
Como dicíamos ao comezo da entrada, tras a exposición das actividades, fixemos unha opinión e valoración final do proceso.

Podedes acceder á nosa presentación de apoio á exposición mediante o seguinte enlace ou pinchando sobre a imaxe: Presentación exposición oral martes 7

Comentarios

Publicacións populares