EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS - YAGO

Ola a tod@s!

Como xa saberedes, estamos a punto de poñer punto e final a este blog sobre os hábitos de vida saudables, polo que chega o momento de avaliar o noso proxecto, que presentamos fai uns días en clase de Novas Tecnoloxías, así como tamén falar un pouco das exposicións dos nosos compañeiros/as

En canto á nosa exposición, quero destacar que, aínda que a PDI na que tivemos que expoñer estaba un pouco descalibrada, saíunos moi ben; penso que explicamos todo con bastante claridade. Ademais, utilizamos bastantes imaxes e proxectamos dúas actividades propias.

Por outra banda, penso que fomos un dos poucos grupos que intentamos interactuar co auditorio. De feito, para a realización dalgunha actividade contamos coa súa participación, aínda que ao comezo da exposición estaban un pouco fóra de lugar. Penso tamén que os hipervínculos que usamos na  nosa presentación nos foron de gran axuda para ter unha presentación máis fluída. Aínda así, podemos mellorar un pouco a nosa exposición en canto á PDI, como xa citei ao comezo. Ademais disto, cabe destacar tamén que os nervios sempre están presentes e esta era unha das nosas primeiras exposicións da carreira.

Por outra banda, e en canto a avaliación dos nosos compañeiros/as, cabe dicir que case todos os grupos o fixeron ben. Só dicir que algúns grupos non aproveitaron ben o tempo; outros tiñan presentacións un pouco pesadas de información e cunha estética bastante mala, etc. Por último, dicir que a maioría estaban xenial, aínda que á hora de expoñer todos tivemos algúns que outros fallos.

Comentarios

Publicacións populares