EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS - MIRIAM
Olaaa, rapazas e rapaces!! 👋😇
Como moi ben sabedes, ao rematar a nosa secuencia didáctica, preparámola e organizámonos para expoñela en clase, tanto diante dos nosos compañeiros e compañeiras como tamén das docentes.
Persoalmente, considero que a nosa foi unha boa exposición en xeral.
Por unha banda, creo que mantivemos o requisito de falar durante 5 minutos cada un/unha. Por outra, admito que, seguramente debido aos nervios, tivemos algún erro, como por exemplo pasar do galego, lingua na cal fixemos todo o proxecto, ao castelán, pero iso son cousas do directo, cousas que lle pasan a calquera e que non teñen relevancia. Ademais, penso que non nos ceñimos a ler só o que poñía nas diapositivas. Na miña opinión, a nosa presentación tiña unha boa estética, pois contiña diversas imaxes e mesmo algún gif, polo que non aburría, xa que non tiña moita letra, senón a información xusta e necesaria. O que si quero destacar é que, comparado co resto dos grupos, intentamos interactuar co auditorio, mais este estaba un pouco despistado e ao principio non nos fixo caso ninguén, pero despois foise animando a cousa. Por último, dicir que, a pesar de ter algúns pequenos problemiñas (como, por exemplo, a mala calibración da PDI), soubemos resolvelos entre todos/as.
Así mesmo, hoxe tamén vos veño falar das exposicións doutros grupos.
En xeral, creo que todas estiveron bastante ben, pero o que si é certo é que algún grupo non soubo aproveitar ben o tempo que se lles daba. Así, neses minutiños que lles sobraron puideron haber reproducido algún recurso audiovisual dos que crearon, como un videoquiz ou un booktrailer. Ademais, houbo algún grupo que só se limitaba a ler como se dun teleprónter se tratase, e iso fai que o público desconecte xa que o que escoita é o mesmo que aparece reflictido na pantalla. Tamén cabe destacar que algunhas presentacións contiñan moita letra e poucas imaxes, e que algúns/as integrantes tiñan un tono demasiado baixo e mesmo monótono. Por último, dicir que algún grupo non seguiu o requisito de falar cada integrante durante 5 minutos seguidos, pois íanse alternando os turnos. Finalmente, quero destacar que as revistas dixitais que vin gustáronme moito e parecéronme unha boa elección como proxecto, así como as webs.
En conclusión, opino que, en xeral, todas as exposicións incluían os contidos que se requirían.

Ata a próxima!!!
Comentarios
Publicar un comentario