EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS - DIEGO

Ola! 
Nesta entrada comentarei un pouco dúas das exposicións do outro día e farei unha pequena autoavaliación da nosa.

Comezarei falando do grupo integrado por Agustina, Alba e Estela. Tiveron un bo comezo, pero si que é verdade que faltou un pouco de contido visual nas diapositivas, é dicir, máis imaxes. Ademais, había demasiada letra na pantalla. Non obstante, a estética da súa revista era moi boa! En liñas xerais, poderían haber falado un pouco máis alto e xestionado mellor o tempo, pero a presentación cumpriu co que se lles pedía.

Por outra banda, o grupo "PAALMA" (composto por Alfonso, Manuel e Pablo), non se dirixiu ao público en case ningún momento da presentación. Ademais, a estética das diapositivas era bastante sinxela e estas estaban moi cheas de información. A distribución dos cinco minutos que tiña que falar cada un foi algo dispersa e o ton que usaban era bastante monótono. En xeral, foi unha exposición bastante frouxa.

No referido á nosa exposición, as diapositivas que empregamos tiñan a información xusta e necesaria. Ademais, tiñan un formato bastante atractivo e con moitas imaxes. No tocante ao tempo, penso que o xestionamos bastante ben e a parte de cada un quedou bastante clara. Si que é verdade que non soubemos manexar demasiado ben a PDI, que era o noso recurso, e ás veces trabucámonos nalgunha cousa mentras falabamos. En xeral, opino que non o fixemos mal e mesmo chegamos a interactuar un pouco co público.


Comentarios

Publicacións populares