DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL - YAGO

Ola a tod@s, Midimayers!

Chega o momento de despedirnos de vós, xa que o noso proxecto rematou. Quero decirvos que foi un pracer para min poder compartir todos estes coñecementos sobre os hábitos de vida saudables e tamén sobre as ferramentas TIC e todo tipo de información que vos deixamos en canto ás novas tecnoloxías.

Como poderedes saber, facer un blog non é nada fácil; ten as súas complicacións, pero grazas á cooperación que tivemos entre nós puidemos sacar este proxecto adiante e, ademais de facervos aprender sobre os nosos temas, que saibades que nós tamén aprendemos moitísimo, sobre todo das tecnoloxías e da cantidade de estratexias e ferramentas que existen para crear miles de recursos que nun futuro poderemos usar como mestres e mestras.

Penso que a través deste proxecto concienciaremos tamén aos nenos/as sobre os hábitos de vida saudables, ao mesmo tempo que lles servirá tamén para previr enfermidades que na actualidade están a ser devastadoras entre a nosa infancia (diabetes, obesidade, etc...).

Espero tamén que aproveitásedes este blog para traballar a través del coa nosa información e tamén coas nosas actividades. Tamén quero destacar que mediante a materia de Novas Tecnoloxías puidemos aprender cousas importantísimas para a futura docencia. Ademais, dicir tamén que logo do traballo que levamos sentímonos moi ben e pensamos que esta materia foi unha das máis sinxelas, aínda que ao mesmo tempo, como dixen anteriormente, era complexa en canto ao traballo.

Isto é todo, rapaces/as. Espero que aprenderades e aprendades moito a través do noso traballo. Foi un pracer para min poder formar parte deste proxecto co resto dos meus compañeiros: María, Diego e Miriam, cos que non só traballei senón que tamén compartín momentos extraordinarios ao mesmo tempo que nos formamos nesta materia.

Un saúdo e moitas grazas, Midimayers!!!

Comentarios

Publicacións populares