DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL - MIRIAM

Ola a todos e a todas!! 💘

Hoxe é un día un pouco triste porque chega a hora de despedirme de todos/as vós, pois o noso proxecto da materia de Novas Tecnoloxías acadou o seu fin.

En primeiro lugar, quero dicirvos que foi un auténtico pracer tervos ao outro carón da pantalla pendentes do noso blog acompañándonos dende o comezo do cuadrimestre para aprender sobre os hábitos de vida saudables.

Debo dicir tamén que nunca participara nun blog antes, e que estou moi contenta despois destes meses por compartir con todos e todas vós o contido que eliximos, para que, dalgunha forma ou doutra, vos axudara a mellorar a vosa saúde e concienciarvos do importante que é levar unha vida sana e activa para así previr moitas enfermidades nun futuro. Ademais de ensinarvos a vós moitas cousas que non sabiades, teño que admitir que eu tamén fun aprendendo moito, tanto sobre o tema como sobre as TIC.

Así, descubrín moitos recursos, ferramentas e aplicacións cuxa existencia descoñecía, e que considero que son moi útiles para os e as docentes, polo que na miña futura función docente os empregarei sen dúbida algunha.

Por último, non me quero despedir sen agradecer aos meus compañeiros, Yago e Diego, e á miña fiel compañeira, María, a súa cooperación e colaboración para que levar a cabo este proxecto fora o máis doado do mundo. Con eles aprendín moitas cousas sobre o blog e as TIC, pero tamén compartín grandes momentos. En conclusión, lévome un moi bo recordo deste blog e desta materia!

Deséxovos o mellor do mundo, queridos/as amigos e amigas!! Sempre estaremos aquí para vós. 💖
Imagen relacionada
Imaxe recuperada de: What's up! Blog

Comentarios

Publicacións populares