DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL - MARÍA

Moi boas a tod@s!!
Chegou o momento de despedirnos de todos e todas vós, pois o proxecto da asignatura de Novas Tecnoloxías chegou ao seu fin.
Gustaríame comezar dicindo que moitas grazas a tod@s @s que estivestes semana tras semana lendo as nosas entradas e acompañándonos durante todo este cuadrimestre. Foi todo un pracer para min poder compartir información, actividades variadas, recursos, entre outros, relacionados co tema de hábitos de vida saudables.
Así mesmo, esperamos que a temática do noso blog vos gustase, vos servise de axuda e que a poidades poñer en práctica no voso día a día. Esta temática para nós é moi importante xa que é necesario concienciar aos pequenos e pequenas da importancia que ten levar a cabo unha alimentación saudable acompañada do deporte, algo necesario para previr enfermidades.
Esta asignatura fíxome ver a gran importancia que teñen as TIC na docencia, pois son imprescindibles para facer que algo tan monótono e aburrido se convirta en algo interactivo e entretido para o alumnado. Tamén me axudou a saber manexar diferentes ferramentas que descoñecía por completo e que nun futuro, como docente, me gustaría empregar.
Por último, quero darlles as grazas aos meus compañeiros de MIDIMAYA (Miriam, Yago e Diego) por formar parte deste proxecto e por todos eses grandes momentos ao seu carón. 
Grazas por acompañarnos todo este tempo.
Ata sempre, Midimayers!! 💙

Comentarios

Publicacións populares