DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL - DIEGO

Bueno Midimayers, chegou o momento de despedirme de vós. Aquí acaba o noso proxecto de Novas Tecnoloxías sobre Hábitos de vida saudables, aplicado a nenos e nenas de Educación Primaria.

Foi un auténtico pracer levar a cabo este blog no que comentamos aspectos relacionados co deporte, a saúde, a hixiene...  Realizamos múltiples tarefas como a creación deste mesmo blog, a búsqueda de recursos de todo tipo, e mesmo chegamos a facer un póster interactivo!

Aprendemos tamén o importante que son as TIC no mundo da educación xa que ensinaremos a futuros nativos e nativas dixitais. Empregar os recursos que aprendemos nestas clases (facer actividades multimedia, editar vídeos, etc.) será chave para poder conectar con eles e xerar un maior interese polos contidos.

Por último, quería eloxiar todo o traballo feito polos meus compañeiros: María, Yago e Miriam, uns magníficos compañeiros e compañeiras moi traballadores e simpáticos cos que traballar en grupo faise incluso divertido.

Ata sempre bloggers!! 💙💙

Comentarios

Publicacións populares