Webquest "Os inconvenientes do azucre"

Ola de novo, Midimayers!!! 

Temos moi boas novas e é que creamos unha Webquest sobre os inconvenientes do azucre. Está dirixida a nenos e nenas de 6º de Primaria, é dicir, de 11-12 anos, e orientada á área de coñecemento de Educación Física, pois encadrámola no bloque 5 do currículo desta materia.

Todos/as sabemos que o azucre é un dos compoñentes máis perxudiciais para a saúde e que está presente en case tódolos alimentos que consumimos diariamente e en grandes cantidades, pero á hora da verdade non o pensamos e tendemos a consumilo igualmente. A froita, por exemplo, contén azucre pero non é tan perxudicial para a saúde, pois é natural e non artificial/procesado.

O alumnado terá que investigar e atopar posibles solucións ao problema das enfermidades derivadas do consumo excesivo de azucre. Os resultados do seu traballo aparecerán nun folleto, que será distribuído entre todo o alumnado do centro, e que incluirá información, datos de interese e pasos a seguir para evitar máis inconvenientes. 

Así, ao remate desta tarefa/actividade proposta na nosa Webquest, o alumnado concienciarase de que se debe evitar o consumo excesivo de azucre se non queremos que isto desemboque en enfermidades cardiovasculares, dixestivas, hormonais, nerviosas ou óseo-articulares, entre as que se atopa a diabetes, por exemplo.

A continuación, deixámosvos o enlace á Webquest para que a visitedes. Agardamos que vos guste e ata a próxima!!

https://sites.google.com/view/osinconvenientesdoazucre/p%C3%A1xina-principal?authuser=1

Comentarios

Publicacións populares