Puzzle maker - María

Ola de novo! Esta será a última entrada que realice sobre as ferramentas 2.0.

Tras facer una reflexión sobre "Crossword Puzzle Games" e "Proprofs", hoxe falareivos de "Puzzle maker", unha aplicación de Discovery Education.

Esta ferramenta pode ser de gran utilidade para profesores e profesoras, xa que xera crebacabezas, sopas de letras, crucigramas, laberintos, entre outros. É una aplicación gratuíta, que non obriga previamente a rexistrarse como usuario. Permite imprimir os resultados ou gardalos como una imaxe para ser recuperada posteriormente e insertala no noso procesador de textos habitual. Está en inglés.

 

En definitiva, este programa pode ser unha forma interactiva e divertida de aprender, ademais de ser moi sinxela de empregar.

Comentarios

Publicacións populares