Proprofs - Miriam

Boas a tod@s, Midimayers!!

Como xa saberedes, estes días toca falar de ferramentas para a creación de actividades multimedia interactivas. 
Tras facer a miña reflexión sobre Educaplay, hoxe veño falar sobre ProProfs, onde decidín elaborar un puzzle, que se fai deslizando as pezas, e o cal me resultou moi sinxelo.


ProProfs é un lugar ideal para todo/as os/as que queren disfrutar con xogos e, ao mesmo tempo, reforzar as súas capacidades cerebrais. Así, nesta páxina pódense crear xogos e tamén practicar cos xa publicados por outros usuarios co fin de exercitar a memoria. 

ProProfs é un sitio para pasar momentos agradables e aproveitar as propostas co fin de adquirir unha maior axilidade mental. Se estás aburrid@, se non sabes en que pasar o tempo, dá unha volta por ProProfs e comeza por resolver un puzzle sinxelo. Cando chegues ao final, estarás animad@ para iniciar un novo ou para cambiar de modelo, enfrontándote a desafíos de nivel máis alto.

Entre as opcións que ofrece ProProfs destacan as seguintes:
  • É posible crear novos xogos ou puzzles que contribuirán ao esforzo mental e que se poderán compartir con amigos e coñecidos.
  • Para elaborar un xogo non é necesario posuír coñecementos de programación. Tampouco é necesario descargar un determinado tipo de software ao ordenador.
  • Moitos xogos poderanse compartir ou insertar nunha páxina web. Tamén é posible escribir comentarios sobre un determinado xogo.
  • O sistema servirá para aprender novas habilidades tras practicar cos xogos propostos.
  • Ademais de reforzar a memoria, ao xogar tamén se activa un novo método de diversión.

E isto é todo por hoxe. Ata a semana que vén!!

Comentarios

Publicacións populares