Kubbu -Yago

Ola a todos/as de novo! 
Hoxe vouvos presentar unha das ferramentas que utilicei para a creación das miñas actividades multimedia interactivas: Kubbu, unha aplicación na que podemos crear diversos tipos de actividades.


Como ben mencionou xa a miña compañeira Miriam, Kubbu é unha plataforma gratuíta que ofrece un software para construír e almacenar exercicios interactivos, algo que fai que se reduzca o tempo que nos leva preparar exercicios ou test sobre o tema que estamos a tratar, xa que é unha aplicación moi sinxela.

Ademais disto, esta aplicación non necesita ningún tipo de instalación e todas as creacións pódense imprimir facilmente. En canto á súa utilización, o primeiro que debemos facer e rexistrarnos como docentes, crear contas de estudantes ou grupos, preparar unha actividade e establecer os permisos da mesma, e por último facilitarlle ao alumnado os datos de acceso.

Cabe destacar tamén a gran variedade  de actividades que permite crear:

  • Match. Asociacións de definición-resposta
  • Divide. Clasificar dentro de categorías ou grupos diferentes conceptos ou definicións.
  • Slider. 3 tipos diferentes de tests: sinxelo (cunha única resposta correcta entre catro), de resposta múltiple, e unha modalidade especial chamada "Climb up", que che permitirá ir subindo a dificultade das preguntas a medida que o test avanza.
  • Composer. Cuestionarios con opcións de resposta sinxelas e múltiples, ou verdadeiro e falso.
  • Crossword. Despois de unha serie de palabras e definicións, de forma automática crearános divertidos crucigramas.

Para rematar, decirvos que os resultados almacenaránse nunha base de datos que nos permite  controlar o rendemento da nosa clase e comparar e ordenar as avaliacións segundo diferentes criterios.

Comentarios

Publicacións populares