Kubbu - Miriam

Olaaaa!! Xa estou por aquí de novo!!!

A terceira e última ferramenta 2.0 que empreguei para crear as miñas actividades multimedia interactivas é Kubbu, unha das máis completas.


Trátase dunha plataforma gratuíta que ofrece un software para construír e almacenar exercicios interactivos online. Deste xeito, por unha parte permite que o tempo de preparación dos exercicios e tests se reduza considerablemente, xa que se trata dunha ferramenta intuitiva e sinxela coa que en poucos minutos remataremos de deseñar as actividades. Por outra banda, o acceso do alumnado é máis fácil que nunca: poderán facelo desde calquera ordenador con conexión a Internet. Sona moi ben, verdade?

Como docente, tras darte de alta, se non queres utilizar contas persoais de estudantes, tes varias opcións: podes crear grupos con acceso anónimo mediante dirección web, imprimir as túas actividades creadas e facilitarllas directamente, ou facer públicas as direccións web asignadas a determinadas actividades.

A conta gratuíta permíteche engadir 30 estudantes e ten un límite de 15 actividades.

Sen dúbida, un dos seus principales puntos positivos é... que é gratis!! Sempre que a clase non supere os 30 estudantes, poderás utilizar esta ferramenta sen necesidade de contratar ningunha tarifa especial. Ademais, o feito de que non precisa ningún tipo de instalación facilita o acceso e fai máis sinxela a súa utilización.

Non podemos tampouco esquecernos da gran variedade de actividades que esta ferramenta nos permite crear:
  • Match. Trátase de construír asociacións de definición-resposta.
  • Divide. Para clasificar dentro de categorías ou grupos diferentes conceptos ou definicións.
  • Slider. Para crear tres tipos diferentes de tests: sinxelo (cunha única resposta correcta entre catro), de resposta múltiple, e unha modalidade especial chamada "Climb up", que che permitirá ir subindo a dificultade das preguntas a medida que o test avanza.
  • Composer. Crear cuestionarios con opcións de resposta sinxelas e múltiples, ou falso e verdadeiro. Ademais, é posible traballar con sons e imaxes para crear unha experiencia multimedia e interactiva.
  • Crossword. Despois de dar ao programa unha serie de palabras e definicións, de forma automática crearános divertidos crucigramas. 
Os resultados obtidos polo alumnado almacénanse nunha base de datos. Existe unha sección de informes, que nos permite ir controlando o rendemento da clase e comparar e ordenar as avaliacións segundo diferentes criterios.

Finalmente, outra importante facilidade que ofrece é a posibilidade de imprimir os xogos, crucigramas e cuestionarios coas súas follas de respostas.

E ata aquí as miñas reflexións sobre as distintas ferramentas empregadas para crear as miñas 4 actividades. 

Un saúdo, Midimayers!

Comentarios

Publicacións populares