Educaplay- Yago

Ola amigos e amigas! 
Hoxe teño o pracer de falarvos dunha das ferramentas máis empregadas para crear actividades multimedia interactivas e así poder deseñar o estilo de actividades que nos gustan.

Como todos e todas sabemos, na actualidade cada vez utilízanse máis as ferramentas 2.0 coa finalidade de crear actividades interactivas, e a verdade é que tanto a súa sinxeleza como a súa facilidade de uso (que nos permite colgar e usar os nosos propios materias co noso alumnado), fan destas ferramentas algo xenial.

Como xa dixen anteriormente, unha das máis utilizadas é Educaplay, unha plataforma que permite crear actividades multimedia educativas cun resultado atractivo e profesional, como mapas, adiviñanzas, crucigramas, diálogos, ditados, ordenar palabras e letras, relacionar, sopas de letras e tests. Ademais, permítenos incrustar as actividades nos nosos blogs ou páxinas web, unha boa alternativa para que os nosos estudantes aprendan xogando.

Pero o máis importante desta aplicación é que o docente active a súa imaxinación e, a través dos contidos que queira traballar, poida crear múltiples actividades para aprender xogando. O seu uso é moi sinxelo, só tes que rexístrarte e xa podes empezar a crear as túas actividades.

Esta aplicación, ademais, permíteche xogar con actividades doutras persoas e publicar as túas para que moita xente poda xogar a elas. Podes crear as actividades en nove idiomas, e son actividades autocorrixibles, algo que é bo para que os nenos/as realicen estas tarefas na casa ou en calquera lugar.

Para min foi unha das mellores aplicacións. De feito creei dúas actividades, entre elas un crucigrama sobre o noso tema en xeral e unha actividade de relacionar termos xerais con específicos, entre os que están o deporte e a alimentación.

Espero que disfrutedes moito delas e que vos sexan útiles para aprender moito sobre os noso tema.

Comentarios

Publicacións populares