ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS - MIRIAM
Ola a todos e a todas de novo!!! Xa estou de volta por aquí. Botabadesme de menos?
Hoxe veño con algo moi guai para vós e é que creei unhas actividades multimedia interactivas coas que vos poderedes divertir bastante. Deberedes demostrar os vosos coñecementos sobre os hábitos de vida saudables, é dicir, sobre os alimentos, a hixiene e o deporte, entre outros. No caso de que non saibades algo aprenderédelo connosco e cos nosos xogos.
A primeira actividade multimedia é unha ruleta de palabras -ou rosco para os fans de "Pasapalabra"-, na cal deberedes demostrar o galegos/as que sodes, pois hai que adiviñar unha serie de produtos típicos da gastronomía galega. Nalgúns casos a palabra atoparase agochada tras unha definición, e noutros, tras unha imaxe. Cada unha das palabras comeza ou contén unha letra do abecedario. Deberedes responder a todas as palabras pois senón non poderedes pasar á seguinte. Tede coidado, pois se vos equivocades en 5 palabras deberedes comezar de novo. A ferramenta que empreguei para deseñar esta actividade é Educaplay.
Con Educaplay tamén creei unha sopa de letras sobre os deportes que se poden realizar para levar a cabo unha vida máis sa e activa. Dispoñedes de 3 minutos 40 segundos e deberedes atopar as doce palabras que poderedes atopar á marxe dereita.
Con Educaplay tamén creei unha sopa de letras sobre os deportes que se poden realizar para levar a cabo unha vida máis sa e activa. Dispoñedes de 3 minutos 40 segundos e deberedes atopar as doce palabras que poderedes atopar á marxe dereita.
A terceira actividade que deseñei é un puzzle, e fíxeno con Proprofs. Trátase de deslizar as pezas ata formar a imaxe que podedes atopar á dereita, que neste caso se trata dun corazón feito con froitas e verduras, xunto coas palabras "Alimentación Saludable".
A última actividade que vos traio é unha especie de cuestionario onde atoparedes preguntas de Verdadeiro ou Falso, así como algunhas tipo test e unhas cantas adiviñas. A aplicación que empreguei para creala chámase Kubbu.
Isto é todo por hoxe. Espero que vos gusten estes xogos/actividades. Ata a próxima!!!
Comentarios
Publicar un comentario