RECURSOS AUDIOVISUAIS SOBRE UNHA VIDA SAUDABLE
Ola a todos/as, Midimayers!
Chegou o momento de presentarvos o resultado final dos nosos recursos audiovisuais, entres os que decidimos facer dous cómics e un videotutorial, que pensamos que vos serían de gran axuda.
Un dos cómics titúlase ''A HIXIENE'', e nel, a partir dun personaxe feminino, contamos unha serie de hábitos imprescindibles para a nosa hixiene diaria, entre os que están: lavar as mans antes de comer, asearse diariamente, usar roupa e calzado adecuado, lavar os dentes despois de cada comida, poñer a man diante da boca cando tusimos, etc. Cabe destacar que para a realización de este cómic empregamos Pixton, unha aplicación de uso sinxelo que vos recomendamos usar, xa que conta cunha gran variedade de escenas, obxectos e personaxes.
Por outra banda, tamén decidimos crear un cómic no que usamos menos ferramentas tecnolóxicas. Neste caso decidimos debuxar, pintar e relatar un pequeno cómic a man, que posteriormente o escaneamos e o subimos ao noso blog. Este trata como tema principal a alimentación saudable, dicíndonos que comidas son boas para o noso organismo, cantas temos que realizar ao día, cales son os tipos de produtos dos que non debemos abusar, etc.
Para rematar, decidimos tamén crear un videotutorial, no cal nos centramos, dentro dos bos hábitos de vida, no deporte. Nel, un dos nosos compañeiros explica, a través de varias diapositivas realizadas a man, varios factores que resultan de gran importancia para ter unha vida saudable, e que moitos de vós seguro que non coñeciades ata o de agora. Para a creación do vídeo utilizamos unha cámara dixital coa cal se poden grabar vídeos facilmente. Ademais existen programas como Movie maker, que sempre nos axudan moito á hora de montar este tipo de vídeos.
E isto é todo por hoxe. Agardamos que vos gusten os nosos recursos audiovisuais e que vos sexan de gran axuda para ter novos coñecementos sobre o noso tema estrela.
Comentarios
Publicar un comentario