PÓSTER
Despois de levar a cabo unha profunda busca de recursos dixitais educativos en Internet e unha selección daqueles que se adecúan máis á temática do noso blog e futuro proxecto (PDI), o seguinte paso é o deseño e a creación dun póster no cal os incluímos todos, xunto cun código QR e una nube de palabras. Como podedes observar, finalmente seleccionamos uns cantos vídeos e xogos didácticos, algunha webquest e varias páxinas web.
A creación do póster preséntase como unha estratexia educativa, e a súa aplicación é moi importante, xa que impulsa a imaxinación e a capacidade de abreviar datos. Tamén é un gran recurso de apoio que, mediante ilustracións e texto, facilita a explicación dun tema específico.
Ao elaborar e empregar o póster, podemos dicir que este favorece a aprendizaxe e a atención, así como a colaboración entre persoas, á vez que se pode desenvolver unha toma de conciencia sobre algún tema en concreto. No proxecto da PDI, a sensibilización sobre os beneficios e inconvenientes dos diferentes alimentos son un pilar básico e a creación dun póster axuda a promovelo.
Cómpre salientar tamén a súa transversalidade, sendo así este un recurso moi útil para calquera dos campos de coñecemento, sendo a Educación Física e as Ciencias da Natureza as máis traballadas, posto que este blog xira en torno á saúde e o deporte, entre outros hábitos de vida saudables.
E aquí tedes o noso póster!!! Ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario