Aprendendo coas ferramentas audiovisuais

Ola Midimayers!!

Hoxe en día, unha das mellores maneiras para conectar cos alumn@s é o emprego de elementos audiovisuais para romper co modelo tradicional de ensinanza e que os rapaces e rapazas saian da monotonía. Non obstante, ás veces o docente ou a docente non atopa recursos de terceiros para traballar os contidos que desexa ou simplemente non lle gustan.

Para solucionar este problema existen múltiples páxinas web que nos axudan a elaborar as nosas propias actividades e os nosos propios recursos.

Gustaríame destacar Educaplay como ferramenta de creación de actividades educativas gratuitas. Cómpre rexistrarse antes de comezar a usala pero paga a pena xa que che permite realizar desde crucigramas, adiviñanzas, sopas de letras, ata presentacións, mapas interactivos...
Ademais, permite etiquetar segundo o curso para o que está dirixido e a materia ou a transversal que se trata.

Por outra banda, Clipchamp Create é un editor de vídeo online que che dá as ferramentas para editar vídeos facilmente. O único que precisarás para facer boas creación é un pouco de inxenio e saber algo de inglés.

Tan de moda que está o "TikTok" pois eu quero falarvos de "TikaTok". Trátase dunha plataforma que nos permite crear libros moi útiles despois para empregar nas aulas cos nenos e nenas. Permítenos todo tipo de estilos de letra, de decoración de imaxes... É unha páxina web moi completa!




Comentarios

Publicacións populares