Aprendendo coas ferramentas audiovisuais
Ola a tod@s! Como seguramente xa sabedes, as clases maxistrais estiveron presentes no ámbito educativo anos atrás pero hoxe en día, a tecnoloxía avanzou e podemos ver que agora empréganse os chamados recursos TIC, os cales poden facer que a aprendizaxe sexa máis divertida e amena para o alumnado.
A continuación presentareivos diferentes ferramentas audiovisuais que poden resultar moi útiles para que o profesorado as empregue na aula.
Comezaremos destacando os cómics. Estes serían unha boa opción xa que as imaxes que estes conteñen para contar unha historia atraen a calquer/a lector/a. Para a creación dos cómics, os docentes dispoñen de diferentes ferramentas, como por exemplo:
- Pixton: Permite personalizar os fondos e os personaxes, engadirlles expresións e posturas, e acercar ou afastar os elementos que conforman cada escena. O resultado final poderase enviar por correo ou insertarse nunha web. É gratuíta e de rexistro obrigatorio.
- Bitstrips: Permite personalizar os personaxes e as súas expresións, engadir efectos e crear personaxes propios. Ao igual que Pixton, o resultado final poderase enviar por correo ou insertar nunha web. É gratuíta e de rexistro obrigatorio.
- Witty Comics: É un xerador de cómics moi completo que permite gardar o resultado nun servidor ou no propio ordenador en formato PNG.
- Go! Animate: É unha ferramenta que permite a creación de animacións tipo debuxos animados nas que, podemos elexir os escenarios e os personaxes, empregar imaxes propias ou engadir sons e bocadillos de textos.
- Comic Master: É un xerador de tiras cómicas a partir de imaxes ou debuxos previamente gardados. Permite elexir o número de viñetas e a súa disposición, engadir globos de conversación, imprimir e gardar o resultado, unha vez rexistrados.
Outra forma de reter a atención do alumnado é a partir de vídeos animados. Para a realización destes, podemos destacar as seguintes ferramentas:
- PowToon: Esta ferramenta concéntrase na unión de imaxes animadas e vídeos para crear presentacións chamativas e modernas, as cales son traballadas con efectos e transicións.
- Moovly: É unha excelente alternativa para a creación de banners, vídeos de presentacións e tutoriais, xa que permite incorporar ao vídeo recursos como gravacións de voz ou audio. Ademais, pódense engadir animacións prediseñadas, gifs, entre outros.
- Pixorial: A partir desta ferramenta, poderase traballar subindo vídeos desde un ordenador ou desde unha cámara web. Tamén inclúe texto, fotografías, créditos e transicións dinámicas entre os arquivos que se suban.
Unha forma de que o alumnado se mostre participativo na aula sería empregando VideoQuizs, vídeos interactivos e didácticos. Unha boa ferramenta para a creación destes podería ser Educaplay.
Por último e non menos importante debemos mostrar unha ferramenta para aqueles que son amantes da lectura: Booktrailer. Este é un vídeo de entre 1 e 2 minutos de duración no cal se promociona un libro. O seu obxectivo é crear expectativas, despertar a curiosidade do lector.
En conclusión, podemos dicir que hoxe en día existen múltiples recursos e ferramentas TIC que se poden empregar na aula e facer que a aprendizaxe sexa moito máis amena e divertida. Penso que os/as docentes deberían deixar de lado a ensinanza tradicional e facela máis práctica e participativa, pois desta forma o alumnado mostrará máis interese polas diferentes materias.
Fonte: Qué hacer con los niños
Comentarios
Publicar un comentario