CHOIVA DE FERRAMENTAS AUDIOVISUAIS

Cabe dicir que actualmente as imaxes son unha das ferramentas máis atractivas, sobre todo para os nenos e nenas, que poden chegar a aprender moito grazas ás actividades audiovisuais, que teñen moita utilidade no campo da ensinanza, sendo esta una metodoloxía participativa e non meramente pasiva, como é o caso da escola tradicional.

Así, os e as docentes poden botar man dos recursos audiovisuais co obxectivo de axudar a construír aos alumnos/as a súa propia perspectiva do mundo que os rodea, ademáis de ensinarlles cousas que poidan aplicar posteriormente na súa vida adulta.

Tendo en conta isto, as novas tecnoloxías son moi prácticas no ámbito do ensino, xa que ademáis promoven una aprendizaxe lúdica e amena nun mundo no cal a tecnoloxía ten cada vez maior peso e relevancia.

É por isto que agora vou falar dalgunhas ferramentas TIC que poden ser empregadas polo profesorado para deseñar actividades e recursos audiovisuais co fin de que os nenos/as aprendan dunha forma máis entretida e divertida, sen aburrirse e case sen darse conta de que están a aprender xogando.

En primeiro lugar quero destacar os cómics, xa que aos nenos/as lles gustan moito en xeral e están acostumados/as a eles. Para a creación dun cómic, o profesorado dispón de diversas ferramentas na rede, como por exemplo Witty comics e PixtonWitty Comics ofrécenos diferentes escenarios, bocadillos de texto de diversas formas e personaxes diferentes. No caso de Pixton, crear cómics é moito máis sinxelo, tendo mesmo a posibilidade de decidir que expresión facial por ás personaxes. Cabe mencionar que cómpre rexistrarse para poder utilizar esta ferramenta. Esta última é a que máis interesante me parece, xa que, ao rematar o cómic, dá a posibilidade de envíalo por correo, ademais de que me gustan máis os fondos e as personaxes.

Sen embargo, os cómics non son a única ferramenta que o profesorado pode empregar para conseguir captar a atención dos seus alumnos/as, pois os vídeos de animación tamén son una moi boa opción. Para crealos, pódense utilizar ferramentas como WireWax ou Powtoon. Coa primeira delas podemos converter un vídeo nun recurso interactivo, tanto para móviles como ordenadores ou tablets. En Powtoon pódense deseñar presentación bastante bonitas, polo que me parece a mellor para conseguir a atención dos rapaces.

Por outra banda, se o profesorado quixese facer preguntas aos nenos/as sobre os contidos, sería interesante propoñer un VideoQuiz, o cal se pode crear en Educaplay.

Finalmente, se o que se quere é conseguir que o alumnado lea máis, propoño un BookTrailer, o cal se crea a partir dun libro e co cal se pretende que sintan motivación para lelo. Trátase dunha ferramenta ideal para o traballo cooperativo y tamén para poñer a proba a capacidade de planificación e organización, que pode aplicarse non só a unha materia senón a todas.

Cómpre lembrar que cada unha das ferramentas que empregue o/a docente para a creación dos recursos e actividades debe adaptarse ás capacidades e necesidades de todos os alumnos/as. Ademais disto, debe dárselle importancia ao emocional sempre, pois tamén ten un gran peso no rendemento académico. Para rematar, direi que todo o que se queira ensinar para que aprendan os nenos debe basarse nunha ética de mínimos e nunca de máximos.



Comentarios

Publicacións populares