Revisión páxinas web - María

Á hora de realizar un proxecto, precisamos ter información sobre o tema que se vai tratar, neste caso sobre os hábitos de vida saudables, e para iso debemos consultar diferentes fontes, as cales nos servirán de gran axuda para poder seleccionar os recursos que mellor se adecúen á liña temática que escollimos.

A continuación deixareivos as diferentes fontes que consultei e que me pareceron máis útiles para a relización do noso proxecto (PDI):

Genmagic: É un entorno de investigación e creación de aplicacións multimedia dinámicas para a súa integración en entornos virtuais de aprendizaxe. Ten dous obxectivos:

  • Crear xeradores para a creación de actividades interactivas multimedia que poidan ser integradas en páxinas web sen a necesidade de ter altos coñecementos tecnolóxicos.
  • Investigar sobre as novas formas de interacción nas aplicacións multimedia e polo tanto, desenvólvense aplicacións que permitan ao alumno crear, comunicar e expresar cos elementos multimedia.

Ademais, Genmagic vai dirixido sobre todo a: profesionais do mundo da Educación, diseñadores de cursos virtuais en apoio web para Internet redes locais, centros docentes, usuarios de aplicacións educativas de calquera nivel do sistema educativo e por último, a profesionais do mundo do deseño gráfico.

Recursos PDI: Trátase dun blog no cal se pretende seleccionar unha gran base de enlaces a recursos multimedia, con actividades motivadoras, atractivas e que sexan útiles, para que contribúan a realizar unha aportación relevante ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Consta de recursos variados para Educación Infantil e Educación Primaria (Matemáticas, Coñecemento do Medio, Inglés e Lingua Castelá).

Etapa Infantil: Este é un blog creado por unha mestra en Educación Infantil e tamén doutora en pedagoxía. Nel compartirá algunhas experiencias e recursos TIC que leva a cabo cos seus alumnos, xa que estas metodoloxías melloran o proceso ensinanza-aprendizaxe.

Ademais, tamén consta de xogos destinados ao alumnado de Educación Infantil e Necesidades Educativas Especiais (NEE).

Para concluír, penso que todas estas páxinas web nos ofrecen información variada e diferentes recursos.







Comentarios

Publicacións populares