Revisión Páxinas Web - Diego
Como é obvio, non podemos elaborar unha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI) sen antes dispoñer de información sobre o seu emprego e as múltiples utilidades que presenta o recurso. Esta información encontrámola nas páxinas e revistas mencionadas a continuación.
Comezando coa páxina "La Pizarra Digital", podemos definir PDI como un sistema tecnolóxico xeralmente integrado por un ordenador, un videoproxector e un dispositivo de control de punteiro, que permite proxectar, nunha superficie interactiva, contidos dixitais nun formato idóneo para a visualización en grupo. Pódese interactuar directamente sobre a superficie de proxección. Actualmente, existen grandes monitores LED interactivos, que, conectados a un ordenador, realizan a mesma función.
"Genmagic" é unha páxina moi interesante na que vemos diferentes modelos de exercicios educativos nos que se tratan moi diversos aspectos pedagóxicos. Podemos empregar estes exercicios como referencia e modelo.
Por outra banda, "Escuela TIC 2.0" serve como fonte de aprendizaxe para os e as docentes que queiran empregar as novas tecnoloxías nas súas leccións. Contén vídeos e recursos que guían aos e ás docentes nas TIC.
Ademais, outra páxina chamada INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del profesorado) contén moita información útil sobre distintos aspectos, como por exemplo como aplicar de maneira eficiente a tecnoloxía nas aulas e mellorar a calidade da educación. Tamén ofrece recursos audiovisuais que se poden levar a cabo nas aulas.
Fonte: Pizarrasdigitales.org
Comentarios
Publicar un comentario