Revisión Páxinas Web - Yago
No momento que decides levar á cabo un proxecto, o primeiro que debes de facer é consultar fontes relacionadas co tema que vas tratar, así como tamén páxinas web relacionadas co teu modelo de proxecto. Así, grazas aos recursos que atopamos, podemos orientar o noso proxecto cara uns obxectivos marcados anteriormente.
Como xa dixen, un dos primeiros pasos é visitar páxinas web, algo que fixemos e nos foi de gran axuda, por iso vos deixo aquí as que eu visitei:
Pixel-Bit. É unha revista de medios e educación, que ten como finalidade servir de plataforma para compartir ideas, experiencias e investigacións sobre as aplicacións das TIC, independentemente do formato e dos contextos nos que se desenvolvan, xa sexan formais, informais, non formais ou a nivel educativo.
Penso que este recurso sería útil para o noso proxecto (PDI), xa que nos axudaría a ter controladas todas as actividades relacionadas con noso tema, así como tamén a súas correccións, e tamén toda a información necesaria para aprender sobre os hábitos de vida saudables. Por outra banda, tamén penso que nos serviría para compartir o noso recurso non só con outras comunidades senón tamén con outros países, xa que unha gran vantaxe do Pixel- Bit.
Genmagic. é un portal de creación e investigación multimedia, no que se tratan diversos temas, a través de aplicacións, xogos interactivos e vídeos, que ten como finalidade axudar a traballar cos recursos das novas tecnoloxías de forma sinxela.
Este recurso vai dirixido a profesionais da educación, centros docentes, diseñadores de cursos virtuais..., e o seu principal obxectivo é crear actividades multimedia para introducilas en webs con facilidade.
Dende o meu punto de vista, penso que é un recurso que nos pode axudar, por exemplo á hora de crear actividades interactivas para os alumnos/as, xa que coa creación de aplicacións dinámicas de aprendizaxe, podémoslle facilitar aos alumnos/as traballar en calquera lugar sen que sexa a escola e tamén facilitarnos a nos mesmos a correción de esas actividades ou a redacción da información do tema a tratar, xa que aplicación permite todo tipo de acción.
INTEF é un espazo de encontro para impulsar o cambio metodolóxico nas aulas, baseado no fomento da colaboración escolar, a mellora dos espazos de aprendizaxe, o desenvolvemento de habilidades para o s. XIX, e a competencia dixital educativa.
Nesta páxina atopámonos co apartado de formación e colaboración, que ten como finalidade a mellora das competencias docentes, a través de cursos de formación e proxectos de colaboración escolar.
Despois de analizar este recurso podo decir que pode ser interesante para o noso proxecto xa que trata moito a tecnoloxía no ámbito educativo, que nun principio é a finalidade da nosa PDI.

Comentarios
Publicar un comentario