Aprendemos a través dos recursos TIC - Yago

Ola a tod@s!! Hoxe traio como novidade tres recursos educativos, entre os cales están un xogo interactivo, unha páxina web e un vídeo, todo relacionado co tema principal do noso blog, é dicir, sobre os hábitos de vida saudables.

En primeiro lugar, presentareivos o xogo interactivo ''Con la comida sí se juega'', que  aporta ideas e información sobre os hábitos de vida saudables tanto á hora de comer como tamén hábitos relacionados con tarefas da vida cotiá (lavar as mans, os dentes...). Ademais, tamén explica cantas comidas son necesarias ao día, que tipo de comidas hai que inxerir, que alimentos aportan máis enerxía, que exercicios realizar, etc. Toda esta información apréndese a través do xogo, mediante preguntas tipo test, puzzles e xogos de colocar fichas.

En canto á miña opinión sobre este recurso, paréceme unha boa maneira de aprender, xa que é capaz de mesturar a teoría coa práctica e, ao mesmo tempo, os alumnos/as aprenden xogando, polo que están máis motivados e lles gusta máis tratar o tema.



A continuación, falareivos tamén dun vídeo educativo titulado ''Estilo de vida saudable'', que trata tamén sobre os hábitos de de vida saudables, nos que encadra a alimentación, as normas da vida cotiá, o alcohol ou as drogas, algo que me parece moi importante para concienciar aos nenos/as dos perigos dunha mala alimentación ou do consumo de alcohol e drogas, xa que cada vez se comeza a consumir este tipo de substancias con moi pouca idade.

Desde o meu punto de vista, paréceme un bo recurso, que facilitaría moito a tarefa de completar a explicación do profesor/a,  xa que explica detalladamente hábitos de vida que son imprescindibles para a nosa saúde. Ademais, paréceme un recurso audiovisual moi inclusivo, xa que consegue motivarte para aprender sobre o tema, pero aínda así orientaríao hacia nenos/as de 10-12 anos.

Por último, presentareivos o recurso dunha páxina web. Neste caso fálovos de ''Hábitos de vida saludable'', unha páxina na que se pode encontrar todo tipo de información sobre os hábitos de vida, tratando estes (alimentación, educación sexual, emocional....) en varios ámbitos, como poden ser a escola, a familia, etc.

Penso que esta páxina web consegue ter un aspecto atractivo, xa que contén moita información sobre os bos hábitos de vida, que non só vai orientada aos alumnos/as, senón que pode ser utilizada polos/as docentes ou as familias para buscar información e tratar ese tema de gran importancia para a sociedade. Ademais, ten a gran vantaxe de tratar varios ámbitos nos que se poden dar eses hábitos.

Comentarios

Publicacións populares