Revisión páxinas web - Miriam

Á hora de levar a cabo un proxecto, sexa sobre a temática que sexa, cómpre consultar fontes relacionadas co que se vai tratar, que neste caso é o dos hábitos de vida saudables. Grazas aos recursos que puidemos atopar na rede, podemos orientar o noso traballo cara aos obxectivos que propuxeramos anteriormente.

Así, o primeiro paso para a recollida de información é a visita a páxinas web, entre outros. Desta maneira, queremos destacar que a análise destes recursos e a súa observación son de gran relevancia.

Como primeira toma de contacto, a continuación vos deixo as webs que me pareceron máis interesantes e útiles para a realización do noso proxecto, que, lembremos, é o da PDI:


Educación tres punto cero. O título completo é "EDUCACIÓN 3.0. Líder informativo en innovación educativa". Dentro deste formato atopámonos con diversos apartados, como poden ser: novas, actualidade, libros de consulta, opinións, entrevistas...
Consideramos que poden
chegar a sernos útiles os artigos que conteñen, os recursos dixitais, as innovacións educativas e algunhas das entrevistas realizadas, para facernos así una idea de como podemos focalizar os nosos contidos propios sobre os hábitos de vida saudables, onde incluímos tanto a boa alimentación como o exercicio.

Revista Comunicar: Atopámonos ante una revista científica bilingüe, especializada en educomunicación (educación e comunicación), polo que ademais de poder empregala como referencia, poderemos ademais ser "consumidores" dela de xeito gratuito. Non soamente é moi práctica, senón que tamén é unha das páxinas candidatas para levar a cabo o noso proxecto final por todas as facilidades que nos ofrece.

Píxel Bit. Trátase dunha revista de medios e educación que nos indica ao comezo, co cal estou moi de acordo, que as TIC se están a converter nunha ferramenta de desenvolvemento e potenciación das nosas escolas e institucións formais.
Hai numerosos exemplares con abundantes artigos e temas variados, os cales teñen en común os diferentes usos e a aplicación das TIC, parecendo así un asunto moi pouco relacionado cos hábitos saudábleis. Non obstante, permítenos aprender de forma indirecta.

Xa para rematar (por hoxe), na miña opinión, algúns dos recursos plasmados pola nosa docente no documento "Proxectos de prácticas" son máis útiles, nos poden axudar e nos aportan máis ca outros, mais sempre se debe intentar sacar o máximo partido a tódalas cousas.
Espero que vos gustara a miña reflexión sobre estes recursos web (se queredes podedes deixar a vosa opinión nos comentarios) e despídome por hoxe. Ata a próxima!!!






Comentarios

Publicacións populares