Aprendendo a través dos recursos TIC - Miriam
E... outra semana máis andamos por aquí, internautas!!! Esta vez vímosvos mostrar unha serie de recursos educativos dixitais relacionados co noso proxecto, que, lembremos é o da PDI. Cada un de nós decantámonos polos tres que máis nos gustaron de todos os que atopamos. A continuación, vouvos facer una pequena reflexión sobre os que eu finalmente escollín eu, que son dous vídeos e una WebQuest.
Promoviendo hábitos de alimentación saludable.
Trátase dun video didáctico cunha estética bastante agradable para o alumnado de Primaria, así como entretido e atractivo. Preséntase como recurso de gran utilidade para o proxecto, posto que se adapta a este e promove a súa utilidade. É dicir, o seu formato preséntase como idóneo para fomentar o uso das PDI nas aulas. Tamén podemos plantexar actividades en relación ao vídeo.

Alimentación Saludable. Esta WebQuest sobre alimentación e saúde, dirixida para 5º e 6º de Primaria, é, para min, algo novidoso. Paréceme un recurso moi motivador, xa que é o/a propio/a estudante quen investiga e indaga na web, construíndo así o seu propio coñecemento. Este tipo de recurso provoca no alumnado unha actitude positiva cara a materia que se está tratando, espértase neles/as a súa capacidade crítica e promove o traballo colaborativo. Tamén permite desenvolver as clases de forma activa, de modo que os/as estudantes se apropian con maior facilidade dos contidos debido á interacción coa información.
Alimentación y salud. Trátase dun vídeo didáctico que atopei en Youtube, recurso moi positivo para que os/as alumnos/as valoren a importancia dunha alimentación sa e saudable e para que a poñan en práctica nos seus hábitos do día a día, tanto na escola como na casa. A finalidade deste é facelos reflexionar sobre a aparición de distintas enfermidades no caso de non alimentarse correctamente, así como os efectos negativos dos alimentos con altos contidos en graxa e azucre. Poderanse propoñer actividades na PDI, onde os nenos e nenas interactúen entre si e co/coa docente, dunha forma divertida, dinámica e lúdica. Por outra banda, tamén se poderá fomentar o consumo de merendas saudables na hora do recreo, facendo un control de seguimento.

Para concluír, opino que estes son soamente tres recursos dentro da infinidade de posibilidades que nos brinda a tecnoloxía na actualidade e que, empregadas con racionalidade e responsabilidade, pasarán a ser, en pouco tempo, un pilar fundamental máis dentro das aulas de Infantil e Primaria.
Comentarios
Publicar un comentario