Aprendendo a través dos Recursos TIC - María
Ola a tod@s! Hoxe presentareivos tres recursos (un xogo didáctico e dous vídeos) que poden ser moi útiles para a realización do noso proxecto. Todos eles tratan sobre o mesmo tema, os hábitos de vida saudable.
"Alimentación saludable: ¿Y tú qué comes?" Trátase dun xogo didáctico no cal se darán a coñecer os distintos tipos de alimentos e onde se producen, ao tempo que se fomentan pautas alimentarias saudables. Está recomendado para os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria.
Na miña opinión, está xenial xa que é moi sinxelo de empregar e o alumnado podería manexalo sen ningún problema. Ademais dispón de explicacións acerca do tema, un glosario, xogos para que o/a alumno/a aplique a teoría á práctica e ademais hai unha avaliación, partir da cal o alumnado verá realmente se aprendeu ou non. Paréceme unha forma moi entretida para que os rapaces e rapazas aprendan de forma máis doada e sen darse apenas conta.
"Actividade física y alimentación / Camaleón": Neste vídeo podemos observar a un personaxe, chamado Camaleón, que fai exercicio para manterse en forma e descobre que facer actividade física e manter unha alimentación saudable é importante para manter o corpo san e previr enfermidades.
Este vídeo pertence a un canal chamado CNTV Infantil, no cal se desarrollan e ofrecen contidos audiovisuais educativos a través de diversos canais de televisión e Internet. Ademais, permítelle ao alumnado coñecer de forma didáctica e gráfica diferentes medios para coidar o seu corpo, formas de protección ante conductas de risco e que desenvolvan hábitos de vida sa.
"Alimentación sana. La pirámide Alimentaria": Neste vídeo, os nenos e nenas poderán coñecer un pouco máis acerca da alimentación e saúde. Ademais, tamén poderán ampliar os seus coñecementos sobre unha boa alimentación, variada e proporcionada a partir da pirámide dos alimentos.
Unha vez que os nenos e nenas vexan o vídeo, pódeselles propoñer facer diferentes actividades na PDI acerca do tema.
En conclusión, a pesar da gran variedade de recursos que existen hoxe en día, estes tres poden ser unha boa opción para motivar ao alumnado a interesarse máis polos diferentes hábitos de vida saudable e que así os poidan aplicar na súa vida diaria.
Comentarios
Publicar un comentario