Entrada Individual - Yago

Ola, a tod@s, son Yago Vilarchao Cid e xunto cos meus compañeiros/as do grupo Midimaya,  elaboramos este blogue no que publicaremos artigos sobre os hábitos de vida saudables, un tema que nos parece importante para tratar no ámbito da escola e en concreto na E.D. Primaria.

Á hora de escoller este tema,  decantamonos por él, porque nos gustaba e tiñamos intriga e curiosidade por investigar sobre el, de feito a nivel persoal , este tema  gústame porque creo que sería verdadeiramente interesante investigar sobre el e presentarllo aos alumnos/as, para que leven una vida saudable e ao mesmo tempo previr desa forma problemas graves de saúde que poden derivar noutras problemáticas que ao mesmo tempo lle poidan  afectar a súa educación e ao seu aprendizaxe.

Nós imos presentar este tema a través do proxecto dunha pantalla dixital interactiva (PDI), aplicando os coñecementos da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria.

A verdade é que as tecnoloxias sempre me tiraron un pouco para atrás, pero hoxe en día gustaríame aprender bastante sobre esta materia, xa que me parece imprescindible para desarrollar o meu traballo no futuro e así tamén poderlles ensinar aos meus alumnos/as a través das tecnoloxías, ou incluso aprenderlles sobre elas.

Comentarios

Publicacións populares