Entrada Individual - Miriam

Olaaa internautas!!!

Eu son Miriam Zorelle Pinto e, ao igual que os meus compañeiros e a miña compañeira, coméntovos que neste blog se vai tratar o tema da vida saudable. Isto facémolo porque cremos que é necesario fomentar o deporte para previr trastornos alimenticios, como a obesidade, a bulimia... Ademais diso, na nosa opinión, consideramos que un se sente mellor tanto física como psicoloxicamente consigo mesmo se mantén unha alimentación sa e saudable e, se á vez, fai algún tipo de exercicio.

Persoalmente, gústanme moito as novas tecnoloxías e dáseme bastante ben manexalas. O que é certo é que nunca tiven a oportunidade de aportar nada a un blog. Así, teño moitas ganas de elaborar, xunto cos meus compañeiros Diego e Yago e a miña compañeira María, un blog útil para todos e todas vós.

Desexamos que vos gusten as nosas aportacións, que as compartades cos vosos amigos e amigas, familia, compañeiros de clase...

Ata a póxima, amig@s!!

Comentarios

Publicacións populares