Entrada individual - Diego



Saúdos lectores e lectoras! Eu son Diego Vázquez e, xunto cos integrantes do meu grupo MIDIMAYA, levarei este blog no que trataremos principalmente consellos e suxerencias sobre como levar uns hábitos de vida saudables, centrándonos no colectivo dos nenos e nenas de primaria.

A saúde é un tema que está moi de actualidade nas nosas escolas xa que a obesidade infantil é un problema cada vez maior. Non obstante, poderíase paliar considerablemente se concienciamos aos máis pequenos dende idades tempranas dos beneficios de levar unha dieta variadada e equilibrada e de practicar deporte. Ademais, a nivel persoal, levo toda a vida facendo deporte e coñezo de primeira man os beneficios non só físicos senón tamén mentais de manter unha vida activa e saudable.

No referido ás novas tecnoloxías, penso que hai que ter especial coidado no ámbito da educación. É certo que poden ser un gran apoio para a docencia pero o seu uso excesivo pode levar aos nenos e nenas a unha excesiva dependencia das pantallas.

Por outro banda, hai moitas cousas que descoñezo das TIC e que me gustaría aprender por curiosidade e por se no futuro sonme de utilidade no desenrolo das miñas clases.


Comentarios

Publicacións populares